Sunday 05 de May de 2024

Ortigueira promove a inserción laboral das persoas maiores de 52 anos


• Organiza xunto coa Rede de Técnicos de Emprego de Galicia unha sesión informativa o venres 11 de xaneiro, no Concello de Ortigueira, a partir das 12:00 horas

• Ofertaranse cursos de enerxía sostible, aos que os asistentes poderán inscribirse

O Concello de Ortigueira, xunto coa Rede de Técnicos de Emprego de Galicia, axuda ás persoas desempregadas de máis de 52 anos a reincorporarse ao mundo laboral. Farao a través dunha iniciativa que se cristaliza nunha sesión informativa prevista para o venres 11 de xaneiro. Dita actividade levará a cabo no propio Concello ás 12:00 horas.

Con esta iniciativa combátese o factor idade, que moitas veces pode ser un hándicap para atopar emprego, e a discriminación de xénero. O 30% dos participantes da sesión terán que ser mulleres, coa idea de incentivar desta maneira a súa inserción no sistema laboral.

Na reunión daranse a coñecer diferentes cursos relacionados coas enerxías sostibles, pois Ortigueira, ao ser limítrofe co Concello das Pontes, atópase na área de influencia dos convenios de Transición Xusta.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, afirma que “este tipo de sesión son de proveito para aquelas persoas que se encontran na procura de traballo e que, por ser de idade avanzada, teñen máis dificultades para atopalo. Ou obxectivo é que esta ferramenta rompa co factor idade á hora dá contratación”.